nota:
Fran Pérez, NARF, é un compositor e cantor de longo recorrido. Gústalle definirse como “cancionista” e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade. Editou catro discos como NARF, “Nas tardes escuras” (El Patito Editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro, “Aló irmao” (Falcatruada, 2010) con Manecas Costa, “Tótem” (Falcatruada 2007) e “Directo en Compostela” (Changüí, 2003).
[Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo – RGMV]
Narf (Fran Pérez) volve á Casa das Crechas o vindeiro martes 20 de xaneiro para presentar o seu novo espectáculo: “Cancións da Lingua Viaxeira”. É Narf un compositor e cantor de longo recorrido, parte do cal está ligado ao entorno do mundo lusófono.
Gústalle definirse como “cancionista” e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade. Editou catro discos como NARF, “Nas tardes escuras” (El patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro; “Aló irmao” (Falcatruada, 2010) con Manecas Costa: “Tótem” (Falcatruada 2007) e “Directo en Compostela” (Changüí, 2003). Tamén compartiu disco e xira por España co proxecto ‘Mundo café’ xunto cos músicos Jabier Muguruza e Miquel Gil.
En solitario, a dúo, en trío ou con banda, presentou a súa música en festivais internacionais como o Mercado Cultural de Salvador de Bahía, Cambio Sonoro (Recife), Antídoto (Sao Paulo), varias edicións do Festival d’Agosto (Maputo), Festival de Mindelo, ou Cantos na Maré (Pontevedra). Tamén noutros ámbitos como Bafim (Bos Aires), London City Festival (Londres), Feira do Libro (La Habana) ou Liet Lavlut (Östersund), onde acadou o segundo posto no concurso da canción en Linguas Minorizadas Europeas. Levou tamén a súa música a escenarios de Bissau, Varsovia, Nova Delhi, Katmandú, Brighton, Barcelona, Cracovia ou Newcastle.
Ademais foi fundador da Sala Nasa e membro de grupos como a Psicofónica de Conxo, Os Kinindiola ou Nicho Varullo. Tamén compuxo para teatro e para obras audiovisuais, acadando múltiples premios.