Napalma

Agosto 03, 2018

nota:

NAPALMA (funk afrobrasileiro) + DJ DAASANACH – 22.00 – Bonaval (Zona C)

NAPALMA é un proxecto nado da fusión entre as músicas e as culturas brasileiras e africanas. Creado en 2004 durante o carnaval en Vitória (Brasil), levan xirando dende entón por varios continentes. O seu espectáculo é o resultado da mestura de grooves electrónicos poderosos coa percusións, os ritmos que proveñen da herdanza afrobrasileira e as voces en portugués, inglés e shangaan (Mozambique). Ivo Maia e Cid Travaglia traeránnos os sons do seu último álbum, “A big funky family”.

DJ DASAANACH, logo dunha década de incursións en diversos xéneros musicais e afeccionado dende hai uns anos á música dos cinco continentes, o seu ecléctico estilo oscila entre un afro beat excéntrico, inspirado polo funk do oeste africano dos 70 e un jazz fusión caribeño, con influencias de cumbia e boogaloo”

AXENDA

Facebook

22:00 h.
Bonaval (Zona C), Santiago de Compostela.
De balde.