nota:
NAO despídese dos escenarios.
Con A derradeira Xira presentan “Ata que o lume se apague”, disco que fecha a triloxía de despedida que comezaron no 2015 baixo o título de Apocalipse NAO.
O de Santiago será o seu derradeiro concerto e para iso acompañarase de moi bos amigos.
Un concerto único, irrepetíbel, cheo de emoción e que quedará para a lembranza dos 14 anos de historia dunha das bandas senlleiras do panorama musical galego.
Antes de Nao poderemos desfrutar dos concertos de Rebeliom do Inframundo, SonDaRúa e Odolaren Mintzoa, para logo vivir un concerto único cheo de convidados especiais e moi emotivo.
Valo perder?