nota:
A NOVA CAMPAÑA “DETI DONBASSA” DE BANDA BASSOTTI CHEGA A GALICIA COA COLABORACIÓN DO GRUPO NAO
O proxecto Deti Donbassa arrinca no 2017 da man do grupo musical italiano Banda Bassotti. Trátase dunha iniciativa da Caravana Antifascista que trata de axudar aos nenos e nenas que viven nos orfanatos de Donbass (Ucrania) en moi malas condicións. Como os mesmos Bassotti indican “a loita antifascista tamén é asegurar un futuro digno para os nenos e nenas de Donbass”.
Nesta ocasión, e tras xa catro campañas nas que se axudou a catro orfanatos cun total de 16000 € recadados só o ano pasado e destinados a cubrir necesidades básicas e medicamentos, a acción vai dirixida ao orfanato sanatorio nº 15 para nenos e nenas que padecen enfermedades neuropsiquiátricas situado na rúa Sverdlov , na República Popular de Donetsk. Alí hai uns 400 nenos e nenas ingresados/as, con graves problemas sanitarios e vivindo en condicións críticas, ata o punto de que moitos/as morren.
A iniciativa, que se apoiará tamén desde Galicia cun concerto que se celebrará este 29 de marzo na Gentalha do Pichel, ten como obxectivo conseguir o diñeiro necesario para poder levarlles o material que necesitan para mellorar as condicións do centro. En ningún caso se lles dará directamente diñeiro, se non que Banda Bassotti irá persoalmente xunto cun representante do orfanato e cun do goberno a mercar todo o necesario e levaráselles ás instalacións, quedando todo documentado coma no resto das campañas da Caravana Antifascista.
O material a comprar serán cueiros, colchóns, mantas, almofadas, bolas de Fitball para a rehabilitación, escritorios e cadeiras, produtos de limpeza, papelaría, comida, televisor e xogos de mesa e xoguetes para que poidan entreterse.
Ademais disto e de facer un seguimento dos orfanatos nos que xa se ten colaborado, Banda Bassotti levará tamén material médico a un hospital en Donetsk onde hai militares feridos.
COMO AXUDAR DESDE GALICIA
Toda persoa que queira colaborar poderá facelo asistindo ao concerto (ou facendo unha doazón) que se celebrará este 29 de marzo ás 21.30h na Gentalha do Pichel e que está promovido polo grupo NAO para botar unha man a esta iniciativa de Banda Bassotti, cos que teñen unha estreita relación desde hai moitos anos. O concerto enmárcase ademais dentro da xira de presentación do derradeiro disco da banda, “Ata que o lume se apague”, coa que están percorrendo toda Galicia desde o pasado mes de decembro cun gran éxito de afluencia de xente nos concertos, polo que este concretamente será un concerto moi especial da banda. Xunto a Nao tamén se subirán ao escenario Os Novos e Paulinha.