Nao + Desequilibrio Mental

Marzo 22, 2013

8 euros co CD

nota:
NAO levan oitos anos repartindo música pola terra adiante. Letras poéticas e revindicativas que fixeron a mais de un abrir os ollos ante un mundo cada vez máis voraz. Dous discos xa publicados nos que dixeron moito e polos que loitaron aínda máis, avalan a súa intachable traxectoria. Os anos pasan e tras diferentes saídas dos membros da banda, Jasper, habitual compositor e letrista asume o rol de vocalista ademais do da guitarra para continuar co proxecto e gravar o que será o seu próximo traballo “Cancións de amor e liberdade”, un disco co que pretenden amosar uns NAO mais completos e vivos que nunca, uns NAO espidos e sen complexos de ningunha clase.

…Somos a canción exiliada, a liberdade do poeta, a patria liberada, guerrilla urbana incendiando guitarras, facendo barricadas en cada estrofa mentres o capital prepara as nosas fosas…
NAO somos NÓS e dende a irmandade combativa, somos NÓS e VÓS.

Cancións de amor e liberdade: A nova poesía galega.

AXENDA

Facebook

23:00 h.
Sala Coliseo, Pontedeume.
5 / 8 €