Nestes case seis anos de vida levan máis dun centenar de concertos as súas costas. NAO é xa un referente do rock galego. Mestura como ningunha outra banda do panorama a forza do seu son cuns textos moi coidados. Esa mestura de rock e poesía, xunto con un directo do máis potente son o lazo que os une cos seus seguidores.