nando caballero i l”Orquestra del llanero solitari “plantes d”interior”

Decembro 13, 2012

O sabadellense Nando Caballero é todo un animador da escea musical catalana pois presenta e dirixe en radio o magazine musical independente “L”altra cara de la lluna” desde 1997. Asemade, rexenta a discográfica La Produktiva Records, desde onde está a editar artistas noveles (Carlos Vudú, Meritxell Narnajo …) e veteranos (Doctor Divago, Steven Munar …), mais sempre co denominador común dun bo gusto e a independencia por riba de estilos.

Ademais desta bagaxe vital e divulgativa, leva os seus anos anos editando K7s propias, acompañando outros artistas (baixista con El sobrino del diablo) e formando parte de proxectos musicais. Finalmente, no 2010 editou “comme il faut” o seu primeiro traballo “Vuit dissabtes d”hivern”. A continuación “Dolors i maldecaps” xa no 2011 e agora a finais de 2012 recibimos “Plantes d” interior”, probablemente o seu traballo máis completo até agora, consolidando esa súa produción recente. Desta vez, L”Orquestra del llanero solitari son John Caballés aos teclados e guitarra, Marti Kapowski ao baixo e pedal steel e Iván Arroyes á batería.

As dez cancións deste novo traballo volven incidir na personalidade do autor, ás veces tenro, outras irónico, amosándose extrovertido ou recreándose na introspección, segundo podemos seguir nas letras (todas en catalá) do libriño. Con moito acerto, recorre a diferentes estilos dentro do pop-rock para reflectir esa diversidade, mais sempre tirando dunha produción afastada do mainstream: rock directo en “Mongetes del ganxet” e mediotempo en “Blanc Nevera”; pop e rock alternativo “L”artista que no tenia art”, e “Marramau”; máis pop. case minimalista na efectiva “Personatges” ; acústico, máis de cantautor en “Tinc una revetlla dins meu” ou a deliciosa “Carmanyola”, “Els spotters del Prat” … Seica Caballero “só” sabe editar composicións tan sólidas que cando complica a estrutura (“Pedres blaves” ou “Tinc una revetlla dins meu”) tamén sae victorioso. Porque as súas cancións teñen a virtude da duración necesaria e aí tes o seu bandcamp para comprobalo.

Pepe Cunha, 13-decembro-2012

Facebook