nace o festival Sons da Canteira, que terá lugar o próximo 29 de agosto na Canteira de Vilafría (Porriño).

Agosto 05, 2020

nota:

Sons da Canteira é un festival de música galega organizado polo Concello do Porriño que se celebra o 29 de agosto na canteira en proceso de restauración de
Vilafría. Arrinca a súa primeira edición cun cartaz de catro artistas galegos da música e da videocreación nunha contorna de grande valor, coa motivación da
recuperación do territorio.

Actúan Baiuca, Mercedes Peón, Laura Lamontagne & PicoAmperio e, abrindo o concerto, DJ/VJ Juanma Lodo. Todos eles proxectos moi persoais que achegan
dalgún xeito a tradición galega á vangarda e á electrónica. A muralla de pedra serve de singular escenario e sobre ela empregarase videomapping para que os grupos emitan as súas proxeccións.

O Sons da Canteira establece estritos protocolos de seguridade para un aforo de 500 persoas. Ao realizar a compra escóllese cadeira ou mesa (até esgotar prazas). O público pode xantar mentres goza do espectáculo grazas a dúas food trucks. Os espectadores en mesa seleccionan menú con app móvil e reciben a consumición no sitio. Os de butaca piden na barra respectando a distancia de seguridade. O festival conta con persoal dedicado en exclusiva á limpeza e xestión de residuos.

AUTOBÚS GRATUÍTO COA ENTRADA E DESCONTOS PARA GRUPOS

As entradas saen á venda mañá mércores en www.woutick.es. O prezo oscila entre os 16,50 euros da individual, 13,75 ao mercar dúas, 12,38 se son catro e 11,92 para seis. Coa entrada vai incluído o bus desde a Avenida de Galicia do Porriño.

Facebook