Música na Noite: Malandrómeda + Zurrumalla + Barbitúricos + O Sonoro Maxín + Airiños do Maycar

Xullo 09, 2016

nota.

O festival Música na Noite fai 18 anos con cinco grupos de rock, folk e hip hop galegos.
Zurrumalla, Barbitúricos, O Sonoro Maxín, Maladrómeda e Airiños do Maycar actuarán no campo de Santo Domingo o o sábado 9 de xullo
Calo,
O Festival Música na Noite, un dos máis veteranos do panorama estival galego, chega aos 18 anos cunha selección das mellores bandas de rock, folk e hip hop do país. Zurrumalla, Barbitúricos, O Sonoro Maxín, Maladrómeda e Aririños do Maycar actuarán o sábado 9 de xullo no Campo de San Domingo en Solláns, Calo (Teo) para celebrar a maioría de idade do evento, organizado pola Asociación Cultural Lúa Chea.
As bandas
Os concertos son gratuítos e comezan ás 22.00 horas, e neles participan varias das bandas máis interesantes da escena galega. O apartado folk ocúpano Zurrumalla, unha banda viguesa de inspiración tradicional con máis de quince anos e dous discos ás costas. Formados por Patri González (pandeireta), Carlos Sabaríz Pelouro (bombo), Suso Comesaña (gaita, saxo), Juan Comesaña, Viti (tamboril), Nacho Álvarez (acordeón) e Bieito Lobariñas (gaita), cada un dos seus concertos é unha festa. Tamén devotos da festa son O Sonoro Maxín, aínda que a súa música mestura cumbia, rock ou música xamaicana. Ico (voces), Abraham (guitarras), Cristina Asenjo (acordeón), Xurxo Brea (baixo), Jaime Mateo (batería) e Miguel Xanceda: (son directo) levan desde 2011 arrasando nos torreiros ao berro de A festa son eu.
Barbitúricos son, pola súa banda, a aposta do Música na Noite 2016 polo rock contundente.
Formado por tres clásicos da escena compostelá (Vituco Neira, Xurxo Pinheiro e José Manuel Piedra, integrantes de bandas como Ruxe-Ruxe ou Xenreira), veñen de editar co selo Lixo Urbano o seu primeiro sinxelo, Escravos da Moda / Bonnie & Clyde. Malandrómeda, o dúo de hip hop formado por Hevi y O Master do Son, son o grupo con máis proxección da música galega actual. Os dous enormes discos que editaron este ano co selo Matapadre, Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba o seu carallo, obtiveron o aplauso da crítica e do público. Pechan o cartel do Música na Noite 2016 a charanga iconoclasta Airiños do Maycar.
A historia
Música na Noite naceu nos anos oitenta para achegar a Calo a diversas bandas de folk do momento. Durante esta primeira vida, que durou ata 1996, converteuse nunha das citas máis populares do panorama da música tradicional. A asociación Lúa Chea recuperouno no 2008, desta vez apostando por música de estilos diversos.

AXENDA

Facebook

20 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook