música galega hoxe

Xaneiro 10, 2011

DoFol, selo especialiado en música galega, conta desde hai máis de 15 anos cun salientable catálogo, aínda que até un par deles semellaba algo desaparecido. Mais regresou con forza e este recompilatorio é unha boa mostra diso, ao repasar 10 dos seus últimos lanzamentos, dende os recentísimos “Sós” de Mercedes Peón (“Derorán”) e “Soas” de Cristina Pato & Rosa Cedrón (“Heicho de dar”) ata a reedición do álbum de 2000 “Danza das Areas” de Uxía (“A tribu máxica”). Variedade estilística e calidade aquí demostrada a partir de discos xa comentados nesta web, como os de Bellón Maceiras Quinteto (“Licantropía”), A Banda das Crechas (“Estroupelear”), Fuxan os Ventos (“Cantiga de Berce”) ou Cantigas do Camiño (aquí representado polo “Dum Paterfamilias” de Guadi Galego & Vaamonde Lamas e Romero) e outros coma Bonovo (“Sexta”), Sondeseu (“Barlovento”) e Susana Seivane (“A Moxenas”). Edición en digipack con ilustracións de O Pastor e textos en galego, castelán e inglés sobre cada álbum. Dispoñible en Spotify.
Pepe Cunha 10-xaneiro-2011

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook