nota:
Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)
Entradas: 14,00 / 18,00 / 20,00 € (12,00 € 1ª fila de principal por visibilidade reducida) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregradas, -20 %) (Familias numerosas, – 25 % (só no despacho de billetes))
Este espectáculo nace co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro; estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que revisitan a copla, a jota ou os alalás. Catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros e lles deron unha nova vida e unha nova visión desde o risco, a experimentación e a creación de novos contidos e arranxos que entroncan co jazz e outras músicas facendo que chegue a outra audiencia.
O jazz flamenco de Martirio, e a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artística das catro.