nota:
Os alumnos e alumnas do último ano do ciclo superior de produción audiovisual, radio e espectáculos da Escola Raio Verde de Santiago de Compostela organizan un evento que se realizará no Auditorio de Galicia (Sala Mozart) o vindeiro mércores 2 de marzo. Escenario Aberto reunirá a diferentes artistas e profesionais da cultura galega nun acto multidisciplinar con xóvenes promesas e figuras consagradas da vangarda galega. O acto comezará as 20:30 horas e as portas do recinto abriranse media hora antes. A entrada é de balde ata completar aforo.
O presentador Pablo Meixe será o encargado de presentar Escenario Alberto, un evento apadriñado por varios negocios da área compostelá, e que reunirá nun mesmo escenario disciplinas tan diversas como o teatro, a música, a ilustración e a danza. A figuras tan coñecidas como Teresa Moure se unirán o grupo Poetarras, a cooperativa Cestola na Cachola ou o grupo Break Inclán, entre outros.
Escenario Aberto forma parte do proxecto de fin de curso dos alumnos e alumnas do Raio Verde. Dez mozos e mozas que queren promocionar o amplo espectro cultural da nosa terra coa intención de crear sinerxias que deriven en proxectos conxuntos futuros.