Mr. Kilombo

Abril 19, 2018

nota:

A Casa das Crechas acolle o concerto de Mr. Kilombo, o proxecto persoal de Miki Ramírez. Con 4 traballos ás súas costas, este artista madrileño consolidouse como unha das grandes apostas do panorama estatal. Unha posta en escena enérxica e interactiva, apoiada por uns temas con letras coidadas con mimo e sutileza, convertidas en melodías pegadizas, con refráns contundentes. Unha metralladora de disparar hits, en definitiva. É luz, é enerxía e é vitalismo.

Desde que publicase o seu primeiro traballo “El lado Gamberro” (Warner, 2008), puidemos ver a evolución constante deste habitual da escena estatal. En 2010 publicou “Biodramina” (Maldito Records) con grande éxito de público e crítica, aínda que non foi ata o seu terceiro traballo “Baile de Disfraces” (MyMajorCompany, 2014), cando logrou o recoñecemento do gran público e dos medios, sendo xa moitos dos temas deste álbum, que soaron en todas as radios estatais, parte do imaxinario colectivo.

En novembro de 2016, presentou “Invencibles”, tras percorrer España, México e Colombia presentando o traballo, culminou cun cheo na mítica sala Joy Eslava de Madrid. Colaborou con artistas como: Rozalén, El Canijo de Jerez, Jenny & The Mexicats, El Kanka, Mordo, Pedro Pastor, Macaco (a quen acompañou como integrante da banda os últimos 7 anos) ou El Niño de la Hipoteca. As visitas da súa canle de youtube cóntanse por millóns, tanto en España como en Latinoamérica..

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
Moito prestaron os "showcases" do MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal! Nas fotos, os do sábadoO público que se achegou á Eurocidade Tui-Valença pode dar testemuño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas,Santiago de Compostela.
10 / 13 €