festival Imaxina Sons 2013
nota:
Compositor en MOPDTK, Elliott califica o proxecto como de “terrorismo bebop” coa intencionalidade de reinterpretar e manipular até o extremo temas que intencionalmente recollen clichés do son Blue Note dos anos cincuenta e sesenta. Con Elliott, o saxo alto Jon Irabagon (gañador en 2008 da Thelonius Monk Competition dedicada nesa ocasión a saxofonistas), o batería Kevin Shea e un dos improvisadores máis celebrados dos últimos anos e membro destacado da comunidade jazzeira neiorquina, o trompetista Peter Evans, incorporado nos últimos tempos tamén á Electric Acoustic Ensemble de Evan Parker. A súa viaxe por xéneros e estilos é unha bomba emocional e hai quen di que se trata dunha extensión das obras de Ornette Coleman e Masada de John Zorn. Eles reivindican o humor na súa aposta desvinculándose de calquera visión clasicista do jazz.
Peter Evans, trompeta Jon Irabagon, saxo Moppa Elliott, contrabaixo Kevin Shea, batería