Mordem “Fragments to Dominate the Silence”

Outubro 31, 2017

O talento e a calidade do proxecto co que a coñecimos merecía un novo paso, unha reencarnación na traxectoria musical da coruñesa Elba Fernández. Nos discos de Jane Joyd (gañador do Proyecto Demo de Radio 3 e o FIB) predominaban as cordas e un ar máis folque e norteamericano. En troques, e un par de anos despois, chega Mordem (nome tirado dun poema de Rosalía de Castro) bañado en electrónica, trip hop, ambient, dream pop .. e ollando máis a referentes nórdicos. Deixamos para medios “indies” a retahila de nomes para non nos distraer con comparacións e nos desviar do mérito interpretativo e a intensidade da voz e as letras de Elba.

Os dez títulos deste debut xa anticipan unha forte carga de solemnidade e pouco espazo para o banal ou lixeiro: “A Violent Place”, “Underwater Breathtaking”, “The Blindness”, “Funeral”, “The Beast” … Nun exercicio de introspección, Elba fala de soidade, individualismo, destrución, fraxilidade do ser humano, morte, perda … polo que necesita da complicidade d@ ouvinte. Dado ese paso, e sabendo que hai fendas pequenas para que entre a luz, apreciaremos a beleza melancólica e taciturna destas reflexións e as músicas que as envolven. Porque canda a voz e guitarra acústica de Elba Fernández, gozaremos tamén da produción e os detalles de David Unison (tamén nas programacións, beats, percusións), do piano de Xavi Font e das guitarras de Manuel Cabezalí. E outro nome de confianza na gravación e mesturas: Luca Petricca nos Estudios Reno (Madrid).

Estes “Fragments to Dominate the Silence” son unha proposta valente en tempos dun hedonismo ficticio, de inmediatez e fuxida covarde cara diante. Mordem propón pausa, atención e reflexión desde unha sonoridade elegante e contemporánea que nos proporciona abondos momentos de emoción. Para redondear o musical, unha primeira edición limitada co deseño e fotografía de Elba, sempre exquisita nos detalles do traballo artístico.

Pepe Cunha, 31-out-2017

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook