moon cresta “moonary”

Maio 09, 2017

Tardou en chegar o seu terceiro álbum e unha vez repasado o contido musical e os créditos entendemos o porqué. A formación saída de Vigo alá polo 99 embarcouse desta vez nunha curiosa aventura: a de gravar cada canción nun estudio do país e apoiada en cadanseu produtor/enxeñeiro, case sen repetir nomes. O resultado é máis que favorable no acabado, pois “Moonary” semella un grandes éxitos ou recompilación de singles en potencia, con 10 cancións asinadas entre 2013 e 2016 que reflicten a cantidade de influencias que manexan.

Esa diversidade estilística non agocha a bandeira do “Power & Funk” que levan anos defendendo ao vivo e está presente desde a apertura con “Poisoned Whisper Blues”, 3 minutos de base rítmica ben marcada, riffs de guitarra e dedos viaxando polo teclado. A partir de aí atoparemos sobre todo rock, pero acolleremos con naturalidade cando procura máis dureza, densidade ou experimentación, psicodelia, baladas-medios tempos ou momentos claramente pop. Nótase a elaboración medida de cada canción, que engancha con inmediatez sea cal sexa a súa referencia clásicas: Led Zeppelin, Living Colour, os primeiros Black Crowes, The Beatles, Hendrix …

Estes Moon Cresta prestan atención a todos os detalles instrumentais, do cuarteto en si e das achegas nos ventos e os coros. Non se arredan dunhas melodías recoñecibeis que enganchen o público e así “Moonary” dá para moito, agás para sorprender en estruturas ou textos. Iso si, cancións como a final “Upon the Hill, Down in Hell” invitan a nos achegar aos seus concertos, por non citar as súas composicións máis inmediatas como “Dance Lil” Sister (do it again)”ou “I”m Going On”.

PepeCunha, 9-maio-2017

AXENDA

Facebook