Moon Cresta

Febreiro 11, 2017

nota.
Moon Cresta | Rock/funk/psychedelic

Antón F. Piru: baixo; Manu Doble L: guitarra; Sergio Martínez Puga: batería; David Mr. D.: teclados e voz. Xa está á venda Moonary, o novo do grupo de power & funk Moon Cresta. A formación galega regresa con dez temas que van desde riffs stonianos e rochosos ata pasaxes ambientais moi psicodélicas pasando polo funk máis axitado e bailable. Todo iso cun engadido: ter gravado cada canción nun estudio diferente. Sorprendente. Moon Cresta é o resultado de suma-lo esforzo, destreza, creatividade e entrega de catro músicos baixo o emblema power & funk. Cos seus dous anteriores discos gañaron á crítica especializada (Los conciertos de Radio 3, Hoy empieza todo, Turbo 3, Ruta 66…). Con esta nova entrega, dan un gran paso. O seu novo álbum Moonary é un orixinal traballo concibido como unha colección de singles cuxa materialización foi ideada a modo de reto e compromiso creativo.

AXENDA

Facebook