video promocional do trio e a sua páxina web
ciclo Íntimo Acústico, no espacio Zona C de Santiago de Compostela
Mónica de nut trío aposta por un jazz contemporáneo que fusiona tradición galega, música de raíz, os sons da electrónica, experimentación e a sutileza e elegancia da música clásica cunha posta en escena semiperformática.
Os integrantes do trío son: Virxilio da Silva á guitarra, loops e efectos, Paco Dicenta ao baixo sen trastes, percusións e bases electrónicas e Mónica de nut, fundadora da formación, á voz, loops e efectos.
Este é o seu primeiro disco. Está editado no selo galego Free Code e foi completamente autoxestionado e autoproducido.
As letras son do poeta pontevedrés Manuel Cuña novás e de Mónica de nut, as composicións musicais da cantante e de Paco Dicenta e os arranxos do trío.
A crítica achega a música de Mónica de nut trio a Bugge Wesseltoff, Nils Petter Molvaer, María Joao, Lila Dows ou Diamanda Galás.
O próximo luns 23 e martes 24 temos a posibilidade de escoitalos en directo, dentro do ciclo Íntimo Acústico, no espacio Zona C de Santiago de Compostela, rua de Bonaval nº1, as 21h. As entradas pódense adquirir na propia taquilla da zona C e na do Teatro Principal de Santiago de Compostela.