nota:
MJ Pérez regresa a Ferrol para presentar o seu último disco “Casandra” en Cuerda Floja acompañada de Ailén Kendelman (A Panadaría, Áureas) ao violín e a percusións.
“Casandra” é o primeiro álbum de estudio da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda e colaboracións espaciáis entre as que se atopa Ailén Kendelman, Richi Casás ou Paco Cerdeira. Unha fusión de diferentes estilos, dende o rock-pop a ritmos latinos ou a influencia do fado, que amosa unha clara evolución na música de MJ.
Sen dúbida, un concerto para non perder e compartir todo o que MJ nos ten preparado!
Será o sábado 9 de xuño, ás 21:30h, Entrada libre
E para ir abrindo boca…