MJ Pérez

Abril 07, 2018

nota:

O concerto, previsto para o pasado 17 de marzo tuvo que ser aprazado en último momento por motivos de forza maior-. Este concerto está dentro da Rede Galega de Música Ao Vivo organizado dende AGADIC:

MJ Pérez regresa a Moaña para presentar o seu último disco “Casandra” na sala Var con Uve acompañada de Pablo González ao teclado e a guitarra.

“Casandra” é o primeiro álbum de estudio da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda e colaboracións espaciáis entre as que se atopa Ailén Kendelman, Richi Casás ou Paco Cerdeira. Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ.

Logo dunha intensa xira que comezou no mes de setembro do pasado ano e que está marcada agora por un mes de marzo do máis intenso, MJ chega agora a Moaña para presentar este último álbum.

Sen dúbida, un concerto para non perder e compartir todo o que MJ nos ten preparado!

Será o sábado 7 de Abril, ás 22:30h, Entrada: 3€ Anticipada // 5€ Taquilla.

E para ir abrindo boca…

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Var con Uve, Moaña.
3 / 5 €