Miniaturas Musicais de Granell

Abril 18, 2013

nota:
Coruñeses e coruñesas, residentes e visitantes, xentes de Oleiros, de Sada, de Carral, de Carballo, de Arteixo… o xoves 18 preséntanse no Teatro Rosalía as Miniaturas Musicais de Granell, o proxecto máis ambicioso que pariu o país en 2012. Agardamos que poidades acompañarnos e que vos preste tanto escoitalo como a nós ofrecérvolo. Un espectáculo con 7 musicazos: Alejandro Vargas (piano), LAR Legido (batería), José Manuel Díaz (contrabaixo), Mónica de Nut (voz) e tres colaboradores de excepción (Germán Díaz na zanfona, Edelmiro Fernández na gaita e María José Pampano na viola e violín). Aquí vos deixo un anaco…

Facebook