nota:
MILLADOIRO en CONCERTO
acompañados dos bailaríns
JESÚS QUIROGA & EVA FARALDO
(Danza Contemporánea)
—————————————————–
Auditorio Municipal GUSTAVO FREIRE – Lugo
Xóves 23 de febreiro ás 21:00 h
————————————————————————-
Entradas 15€ (zona B) – 18€ (zona A)
A través do portal entradaslugo.es
http://www.entradaslugo.es/evento/musica/milladoiro
No Centro de Interpretación da Muralla, Praza do Campo número 11, no seu horario de apertura habitual.
E o día do concerto, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo nas billeteiras do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Teléfono de contacto 982 25 16 58.
——————————————————————————————————————–
Levamos mais de trinta anos percorrendo
espazos
silencios xeografías,
levamos mais de trinta anos tentando
atopar a beleza detrás de cada
pentagrama tempo e tempo poñendo
banda sonora a un país en perpetua
construcción imperfecta, somo fillos
seus e lembramos a cor sepia dos días
escuros e de pobreza socio-ambiental.
Mais de trinta anos despois, seguimos á
procura da beleza e da harmonía nunha
singradura que ten a Galicia como
epicentro dunha longa espiral sen fronteiras
e que agarda e demanda de
cada un de nós, que sempre estemos á
altura do seu horizonte de mar, ceo e
terra; un horizonte onde pousa a ollada
tan so, a esperanza
VIDEO
https://www.youtube.com/channel/UCwtKFes4eudoxAQ5zrrp3rw