Miki Nervio & The Bluesmakers

Novembro 23, 2013

nota:

Miki Nervio: voz, kazoo; Luis: guitarra, dobro, banjo, mandolina; Rafa: harmónica; Rubén: guitarra; Alfonso: táboa de lavar, percusión; Juan: contrabaixo.

Banda lendaria no panorama musical galego que dende o ano 1992 gañou a pulso o cariño, o respecto e a admiración do público. Despois de 19 anos de andaina, o grupo ten ás costas máis de 400 actuacións en todo tipo de eventos, varias aparicións en directo na radio e na televisión, a participación en diversas actividades audiovisuais e catro CD, o último deles editado pola discográfica Pai Música. O xénero inicial do grupo foi o blues eléctrico, pero ao longo destes anos evolucionou (ou involucionou) cara ao son acústico da música negra de comezos do século pasado. Esta viaxe, buscando as orixes do blues, permitiulle recuperar a tradición das street bands -ou bandas de rúa- usando instrumentos pouco habituais como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, as culleres, o banjo, o contrabaixo, a mandolina ou o kazoo.

AXENDA

Facebook

23:59 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.