nota:
Miki Nervio: voz, kazoo; Rafa Mississippi: harmónica, coros; Luis Tinaquero (aka Slim Slide Louis): guitarra acústica, dobro, mandolina, banjo, coros; Juan Tinaquero (aka Big Boino Juanjinson): contrabaixo, coros; Washboard Plof: táboa de lavar, percusión, coros.
Despois de 21 anos de andaina, o grupo ten ás costas 500 actuacións. Busca-las as orixes do blues, permitiu ós integrantes recupera-la tradición das street bands ou bandas de rúa usando instrumentos pouco habituais como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, as culleres, o banjo, o contrabaixo, a mandolina ou o kazoo. Veñen xustamente de grava-lo seu último disco, Let The Old Times Roll, onde se confirma a súa aposta por revisita-las músicas afroamericanas dos anos 20, 30 e 40 con toda a súa variedade de xéneros e estilos, pero sempre pasados polo cribo do blues e da música feita con sentimento. É isto o que a formación quere presentar en concerto cun amplo repertorio composto por temas propios e versións.