Miki Nervio and the Bluesmakers

Novembro 24, 2012

Banda lendaria no panorama musical galego que dende o ano 1992 gañou a pulso o cariño, o respecto e a admiración do público. Despois de 19 anos de andaina, o grupo ten ás costas máis de 400 actuacións en todo tipo de eventos, varias aparicións en directo na radio e na televisión, a participación en diversas actividades audiovisuais, e catro CD, o último deles editado pola discográfica Pai Música. O estilo inicial do grupo foi o blues eléctrico, pero ó longo destes anos evolucionou (ou involucionou) cara ao son acústico da música negra de comezos do século pasado. Esta viaxe, buscando as orixes do blues, permitiulle recuperar a tradición das street bands -ou bandas de rúa- usando instrumentos pouco habituais como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, as culleres, o banjo, o contrabaixo, a mandolina ou o kazoo.

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
Pub Clavicembalo, Lugo.