Mikel Markez

Decembro 29, 2016

nota:
A Casa das Crechas acolle o concerto -de balde- de Mikel Markez, un cantautor vasco (Errenteria, 1971), con 10 discos en solitario publicados e múltiples colaboracións con músicos como Kepa Junkera ou Korrontzi.

Ten tocado por todos os currunchos do País Vasco e tamén en boa parte do planeta, baixo o mesmo cartel que Silvio Rodriguez, Mikel Laboa, Hilario Camacho, Pablo Guerrero, Benito Lertxundi ou Paco Ibañez, entre outros. Agora mesmo vén de facer unha xira por Estados Unidos.

Ademais, colabora habitualmente en diferentes programas de radio e televisión e participa xunto con Eñaut Elorrieta nas conferencia-concertos “Baga, biga, higa”, proxecto para a transmisión e divulgación da canción en euskera.

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.