nota:
Miguel Lamas presenta o seu novo disco, My Expression Way, que ven acompañado dun novo proxecto, M.E.W, formado por músicos de primeiro nivel:
Luis Regidor – voz
Carlos Leal – guitarra
Julio Martín – teclados
Octavio Vargas – baixo
Miguel Lamas – batería
MIGUEL LAMAS & MEW
Teatro Jofre (Ferrol)
Xoves 28 de Febreiro ás 21h00
Entradas: 5€ – á venda en ferrol.es/jofre e na billeteira do teatro.
Desde sempre Miguel (Ferrol, 1993) estivo relacionado co mundo da música, xa que parte da súa familia traballaban neste sector. O principal culpábel do amor pola batería é o seu tío Colás Lage (renomeado baterista galego) polo que desde sempre sinte unha grande admiración.
Aos 4 años comezou a tocar batería e con tan só cinco xa asistía a clases de solfexo e batería na Escola da Vaca a cargo do profesor Manolo Pérez; aos seis xa fixo a súa primeira actuación en público e entrou a formar parte dunha das bandas da escola. Foi con esta banda (Puchos do Diaño), e con oito anos de idade, cando entra no mundo dos festivais de veran e comeza a participar nalgúns dos típicos de Ferrol e arredores; tamén naqueles tempos matricúlase no Conservatorio de Música Clásica da cidade rematando en catro anos o Grado Elemental en Percusión.
Co tempo, Miguel comeza a desenvolver unha importante traxectoria e acumula gran experiencia, o que o leva a converterse nun dos bateristas de referencia en Galicia tanto para gravacións como para directos e a conseguir catro becas seguidas outorgadas pola AIE; isto con tan só 16 anos de idade.
Afincado en Madrid, con máis de 20 anos de carreira ten tocado xa con bandas e artistas, tanto en directo como en estudio, como: Raimundo Amador, Miguel Ríos, Amaia Montero, Miriam Rodriguez, Abraham Mateo, Andrés Suárez, David Bustamante, Tamara, O’Funk’Illo, Tomasito, Lin Cortés, Dean Bowman, Jorge Pardo, Tom Kennedy, Pepe Bao, Santiago Campillo… cos que ten xirado en España, Arxentina, Chile, México, USA, Australia, Perú, Bélxica, Francia, Alemaña, Marrocos, Italia, Holanda, Portugal, Inglaterra…
Ademais, Lamas está patrocinado internacionalmente polas marcas de baterías Pearl, pratos Meinl, baquetas Promark (coas que ten un modelo signature) parches Evans, monitores in ear Earprotech E varias de accesorios como Ahead Armor Cases, Cympad y KickMuffling. Para todas elas realiza eventos, drumfest y clinics arredor do mundo, e participa en eventos como Meinl Drumfest (Alemaña) Scottish Drumfest (Escocia) Bag’Show Paris (Francia) Pearl Drum Day (Holanda) TamTam Drumfest (España) por nomeaar algúns. Na actualidade traballa como músico de sesión nos estudios PKO, gravando para diferentes proxectos, así como xirando cos seus proxectos persoais por todo o mundo.
MY EXPRESSION WAY EN SPOTIFY: