Mighty Calacas + The Lákazans

Maio 07, 2013

nota:
presentación do novo disco dos Mighty Calacas

A partir das 20h abrimos portas
-PREZO: 10€ anticipada (A Reixa Tenda) e 12€ en billeteira (máis o que ghastedes en birras e o mertxandaisin caralludo que vos imos ofertar)

Para abrir o apetito temos a unha banda macanuda do Barbanza: THE LÁKAZANS.
E os ghrandes… xa non precisan de presentación!!
NOVO DISCO… na Capitol!

Los Mighty Calacas é 100% toloache mexicano que reflicte a festa e o “vacilón” das mentes dos seus integrantes: Marcos Coll, Emiliano Juárez, Fernando Ruvel e Zoar Miranda. Unha nova formación de vellos coñecidos que teñen unha ampla bagaxe musical que atravesa todo o océano Atlántico aliméntandose dunha combinación de diferentes estilos. Catro músicos espectaculares que converxen nunha mistura de ritmos eclécticos: cumbias e pinceladas latinas do máis bailable; ondas de surf ou funky nalgúns dos seus temas, groove… sen esquecer a súa sólida base de blues, na que Marcos Coll é o máximo expoñente. As súas experiencias individuais converxen nun proxecto que abarca diferentes xéneros debido ás súas traxectorias e nos amosan o mellor da música tradicional e da cultura popular mexicana chea de picarescas situacións e sons cotiáns. Los Mighty Calacas aderezan a súa música coa salsa das enchiladas verdes e un chisco de humor. Con moito inxenio sobre o escenario, transmiten nunha linguaxe tamén moi visual e teatral toda a autenticidade dos xéneros musicais que representan.

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
Moito prestaron os "showcases" do MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal! Nas fotos, os do sábadoO público que se achegou á Eurocidade Tui-Valença pode dar testemuño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Sala Capitol. Santiago de Compostela.
10 / 12 €