Mighty Calacas

Maio 09, 2013

ciclo Noites na Capela

nota:

Los Mighty Calacas é 100% toloache mexicano que reflicte a festa e o “vacilón” das mentes dos seus integrantes: Marcos Coll, Emiliano Juárez, Fernando Ruvel e Zoar Miranda. Unha nova formación de vellos coñecidos que teñen unha ampla bagaxe musical que atravesa todo o océano Atlántico aliméntandose dunha combinación de diferentes estilos. Catro músicos espectaculares que converxen nunha mistura de ritmos eclécticos: cumbias e pinceladas latinas do máis bailable; ondas de surf ou funky nalgúns dos seus temas, groove… sen esquecer a súa sólida base de blues, na que Marcos Coll é o máximo expoñente. As súas experiencias individuais converxen nun proxecto que abarca diferentes xéneros debido ás súas traxectorias e nos amosan o mellor da música tradicional e da cultura popular mexicana chea de picarescas situacións e sons cotiáns. Los Mighty Calacas aderezan a súa música coa salsa das enchiladas verdes e un chisco de humor. Con moito inxenio sobre o escenario, transmiten nunha linguaxe tamén moi visual e teatral toda a autenticidade dos xéneros musicais que representan.

AXENDA

21:00 h.
C.C. Torrente Ballester, Ferrol.
7 €