Michel Cloup (Duo)

Novembro 10, 2012

CLUB SINSAL: MÚSICA INTERNACIONAL

Actuación do artista francés Michel Cloup (Experience)
Hora: 20.30 h.
Entrada: 5 Euros
Venda: puntos físicos na Coruña e Santiago de Compostela. Máis información proximamente.

Michel Cloup é o hiperactivo cantante e guitarrista en moitos proxectos desde os 90: Diabologum, Experience e, máis recentemente, a banda franco-americana Binary Audio Misfits. Michel Cloup regresa en formato dúo con Patrice Cartier (tamén batería en Experience e Binary Audio Misfits) e un novo proxecto co que presenta o seu disco “Notre Silence”.