“Mi música Tu Refugio” : Siniestro Total + Iván Ferreiro + T.A.B. + Nicolás Pastoriza + Disco Las Palmeras + Eladio & los Seres Queridos + Amaro Ferreiro

Xuño 21, 2016

nota:

“Mi música Tu Refugio” é un concerto pro refuxiados que se celebrará simultaneamente en Barcelona, Ferrol, Madrid, Valencia, Sevilla e Zaragoza, coincidindo co Día do Refuxiado (20 de xuño) e o Día da Música (21 de xuño). Nesta terceira edición no estado e primeira en Ferrol, achegaranse artistas relevantes de Pop e Rock. A totalidade da recadación será para ACCEM, CEAR, Cruz Roja e ACNUR. Tamén podes colaborar na fila cero a través do número de conta: ES57 0049 1892 6421 1328 7273

IVÁN FERREIRO
TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO
NICOLÁS PASTORIZA
ELADIO & LOS SERES QUERIDOS
AMARO FERREIRO
DISCO LAS PALMERAS

O acordo acadado o pasado venres 18 de marzo entre a Unión Europea e Turquía supón “un despropósito” ó incluír devolucións de refuxiados a este país, o que vulnera a normativa europea e internacional. Así, esta medida vulnera principio de non devolución da Convención de Xenebra que garante que as persoas non sexan expulsadas a un país onde a súa vida corra perigo. Neste senso, organizacións de dereitos humanos teñen documentado casos de devolucións a Siria dende Turquía así como emprego de violencia por parte das autoridades. Asistimos a un novo episodio de poxa de refuxiados, esta vez entre os países da Unión Europa e Turquía intercambiando vidas humanas y dereitos por interesados favores económicos ou estratéxicos. Os dirixentes europeos seguen instalados no discurso de culpar ás mafias en lugar de asumir a súa responsabilidade de ofrecer vías seguras aos refuxiados.

Esta situación levou a periodistas musicais e traballadores da industria musical (artistas, técnicos, programadores, deseñadores…) a promover e participar nunha serie de concertos solidarios para recadar diñeiro e concienciar da necesidade de que todos axudemos a través do festival musical “Mi Música Tu Refugio”, unha serie de concertos que se celebrarán o vindeiro día 21 de xuño, coincidindo coas celebracións do Día da Música e mailo Día do Refuxiado, nas cidades de Ferrol, Valencia, Madrid, Sevilla, Barcelona e Zaragoza.

A recadación destes eventos irá destinada integramente ás tres organizacións de axuda ao Refuxiado en España (ACCEM, CEAR e Cruz Vermella) e á axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados: ACNUR.

AXENDA

20:30 h.
Teatro Jofre, Ferrol.
12 €