Metralletas Lecheras continúan a extendela súa tolemia sonora polos escenarios dos mellores clubes do planeta. Tras un ano 2011 espectacular no que seus membros gozaron de mulleres, percebes coma puños e cartos espesos celebran que o seu primeiro LP “Melodias para romanos” (Bowery Records, 2011) acadou selo 13 mellor disco galego do ano segundo a revista especializada en temas musicais e paranormais Mondosonoro. Son xoves, sexys, non veñen de Barcelona e seguro que xa lle entraron á túa irmá pequena.
Pola súa parte, Terbutalina chegan a Melide no medio da xeira de concertos que deron en comezar en setembro de 2011 cando presentaron o seu primeiro LP de estudo “Broncodilatador” (ContraSurco, 2011). Levan percorrida boa parte do país sen parar de poñer a bailar á xente a toda hostia, mergullándoa nas súas racións de gastropunk, ricas en vitamina F e graxas saturadas. Unha banda que non deixará a ninguén indiferente, nin sen comer. Só faltaría.
http://www.youtube.com/watch?v=k4qi-1cb7ms