A artista galega continúa a súa xira internacional cunha proposta unipersonal e electroacústica
Tras os éxitos acados no panorama Internacional Europeo Mercedes Peón continúa a súa xira, esta vez por Bélxica, cunha xira de oito actuacións por oito cidades belgas: Dendermonde, Bierbeek, Leopoldsburg, Evergem, Lier, Beverem, Dilbeek e Bornem son as cidades polas que pasará a compositora galega entre os días 15 e 24 de marzo.
Con unha proposta artístico sonora de acción sociopolítica a artista amosa unha construcción electroacústica durante hora e cuarto percorrendo os seus mundos expresivos máis particulares.
Trátase dunha acción performativa dunha intensidade vocal e electrónica que non deixou indiferente á crítica máis selecta do Womex –o más importante certame internacional de World Music-
Acción feminista, amor polo singular, contradiccións sonoras e unha intensa creatividade van transcurrindo por esta performance e polo mundo creativo e sonoro tan peculiar da artista Mercedes Peón.
Forza vocal, manexo de samplers, electrónica, semi batería, percusións, clarinete, gaita e sobor de todo a súa forza escénica e desnudez son os elementos conformadores de esta experiencia musical e expresiva.
(foto tirada no Teatro Jofre o 25 de setembro de 2010 )