nota:
Mercedes Peón // Déixaas – Tras os Muros
Tras unha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que é un referente internacional, Mercedes Peón expande o seu universo sonoro e a súa visión poética. A forza de “Deixaas” transmite unha intensa pegada performativa. Con Monica de Nut e Ana Fernández.
Mercedes achegará ao Agora un concerto moi especial para unha sinalada ocasión.