Mercedes Peón

Maio 13, 2018

nota:

Presentación en primicia ao vivo do novo disco de Mercedes Peón. Sen abandonar as raíces da tradición que teñen convertido a Mercedes Peón nunha das artistas internacionais máis carismáticas do eido musical internacional, o seu novo traballo “DEIXAAS” incorpora unha faceta inspirada en espazos sonoros con sons a partir de gravacións en estaleiros navais, incorporando o poder evocador do formato poético ou proporcionando o contraste do piano atmosférico. Diferentes universos nun traballo producido con gran minuciosidade e que conta coa participación de Ana Fernández e Mónica de Nut.

AXENDA