nota:
Déixaas é o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que Mercedes Peón se ergue como referente
internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuina. Unha obra que conta tamén con Mónica de Nut e Ana Fernández e que sitúa a Merces Peón nunha exquisita madurez creativa e compositiva.
A actuación terá lugar o domingo 4 de outubro no Parque paseo do Carboeiro ás 17:30. A reserva de entredas será telefónica de luns a venres no horario de
9:00h a 14:00h no 981 690 903. A entrada será gratuíta ata encher aforo.