Mendizábal “Disparo revelador”

Maio 09, 2019

Dicir que as primeiras impresións poden condicionar moito unha opinión non é achegar nada, pero cómpre de cando en vez chamar a atención sobre os nosos prexuízos e as présas por etiquetar ou colocar nunha caixiña. Comezo así este comentario porque facer cancións de corte norteamericano en castelán inmediatamente nos leva a pensar nuns Quique González, Antonio Vega, Enrique Urquijo … Desde logo son referentes para este vasco afincado en Valencia e así pensarás tamén se lle dás unha escoita; pero a canción pop-rock con arumes folque e predominio do acústico pode levarnos tamén a Jackson Browne, Van Morrison ou tamén a Beth Orton, Josh Rouse ou José González. E todos estes nomes foron víndome á mente mentres lle ía dando escoitas a este disco.

Mais pódense ter as mellores influencias e non entregar un traballo digno para con elas e asimilando esa variedade. Non é o caso do segundo disco de Mendizábal, que asina cancións tan honestas coma ben acabadas e transmite con elegancia emocións persoais. Ademais, ponse nas mans de Xema Fuertes e Cayo Bellveser, produtores e músicos valenciáns que teñen traballado con Josh Rouse, Ciudadano, Alondra Bentley, Travolta, Maderita … Xuntos se encargan da maior parte do traballo, pero tamén contan con achegas ben medidas que contribúen a tirar brillo das cancións, coma os violíns nas recomendabilísimas “Pequeña Irene” e “Nuestros versos” ou a guitarra eléctrica de Carlos Soler na apertura máis roqueira de “Partida”, “Herederos”, onde nos reencontramos coa voz do seu colega Manolo Tarancón, ou “Luces de verano”, que me lembra, para ben, claro, o “Día de feria” de Quique González.

Ademais das mencionadas, o resto do disco merece tamén atención e calma, polo ben equilibrado que está: o ar trip-hop folkie con loops e certo mantra de “La boca del lobo” (que na edición física tamén aparece en versión demo), a balada “Como si no tuviera importancia”, o toque medieval co fliscorno en “Pasajes de regreso” … e sempre melodías bonitas, sen edulcorar, até o final con “Buen viaje”, un instrumental fermoso adicado ao seu compañeiro felino. Un traballo de gusto impecábel, sutil, preciso e humilde, o que non significa ser pobre en ferramentas, senón usalas na medida necesaria para que a música vaia fluíndo e gañándote sen sobresaltos. Edita La Viejita Música, selo “cómplice” do mencionado Tarancón e Fabián.

Pepe Cunha, 9-maio-2019

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook