nota:
5€ (10€ con disco)
MÉNAGE À TROIS “MIGAJAS”
Este traballo serve de antesala ao que será o seu próximo disco; e foi gravado nos estudos Fase4 de Xixón, da man do productor Carlos Stro, coñecido polos seus traballos con Loquillo ou Nacho Veigas, entre outros. A través dos catro temas que conforman este EP, podemos entrever a forza
e enerxía dun estilo propio, ao que os Ménage á Trois bautizaron como “SwingRock”. Nesta nova etapa, ao trío formado polo violinista Kakus Campos; o percusionista Xiñor Kobiñas; e o guitarrista H de Lemos; únense dous músicos de primeiro nivel: Raquel Huete, ao baixo; e Brais Rolán, á batería.