Melange

Abril 21, 2018

ciclo Liberdades Sonoras.

nota:

Melange son a apócema resultante dunha aliñación estelar de cinco músicos de pura raza. Entre a psicodelia, a música experimental e o folk, o seu disco de debut, publicado en 2016, foi aclamado pola crítica e o público e dinamitou calquera posible escepticismo que puidese espertar unha proposta que parece mirar cara ao pasado nestes tempos de bases prefabricadas, uniformidade, e voracidade viralizadora.

O seu segundo disco foi publicado en novembro de 2017 pola discográfica neoiorquina Beyond Beyond is Beyond e en España editado pola banda no seu propio selo, Discos Tere.

Sábado 21 de abril.
Portas 20:00, concerto 20:30.
Entrada libre ata completar aforo.

Parte do ciclo #LiberdadesSonoras
Organiza WORK ON SUNDAY e CLAP Club Lúdico de Arte y Patafísica
Coa colaboración de Cultura e Turismo de Lugo

Facebook