Mega Purple Sex Toy Kit

Maio 04, 2018

ńota:

Venres 4 de Maio – Mega Purple Sex Toy Kit
Presentación Lp “Good Vibrators”
Entradas anticipadas á venda na Reixa Tenda (6€)
Entradas billeteira 8€
Hora apertura: 22:00h
Hora comezo: 22:30h

Mega Purple Sex Toy Kit fórmase en 2003 a partires das cinsas de varios grupos galegos de influencia sesenteira. Emilio Prieto (batería), Marcos Santomé (baixo), Uxío Solla (guitarra), Fernando Vilaboy (Hammond) e Alfonso Espiño (voz), enseguida revolucionaron o panorama mod e psiquedélico estatal co seu aplastante directo, a súa imaxe impactante e as súas cancións enérxicas e directas, inspiradas nos primeiros Deep Purple, Pink Floyd ou Black Sabbath. Comezaron a xirar por Galicia e España, acudindo ós festivais máis senlleiros do movemento sixties, coma o Wet Dream (Valladolid, 2004), Euroyeyé (Xixón, 2005, compartindo cartel con The Yardbirds), Shake & Vibrate (Ourense, 2005) ou Purple Weekend, (León, 2005, compartindo cartel con The Zombies). Na Semana Santa de 2006 actuaron no festival Le Beat Bespoké de Londres, xunto con The Horrors, The Remains e The Lyres, entre outros. Ó regresaren a España, e no apoxeo da súa carreira, materializouse a separación da banda orixinal. Ó ano seguinte prodúxose a primeira das reunións do grupo, que dende entón con Ramón Saleta á batería, converte estas xuntanzas en eventos ocasionais.

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
Que seica din no PP que a televisión pública pagada por todos non está para informar ao gusto e conveniencia de quen goberna🤔Por iso volvemos preguntarlle a Alfonso Rueda: Para cando unha CRTVG libre de control político?#VenresNegro306CRTVG#DefendeAGalega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Sala Sónar, Santiago de Compostela.
6 €