nota:
McEnroe regresaron este ano con ‘La Distancia’ (Subterfuge, 2019) o seu sexto traballo formado por nove cancións de amor. 💕
De amor ao pai, ao amigo, ao fillo, á natureza, a quen amas. No amor, a distancia disólvese, derretida como unha cadea de xeo, desaparece entre cerdeiras que bailan, nunha carreira pola area mollada ou como o eco nunha catedral, convértese en valor, na onda que detén o espigón ✨, apágase na luz dunha man chea de vagalumes, esmágase cun só xesto.
👉🏻 Dádelle ao play:
🎟 Entradas en Entradas Ataquilla.com: https://bit.ly/2zy93QS