MBM Trío

Novembro 11, 2014

nota.

MBM Trío
Onde: Casa do Saber da USC – Vicerreitoría de Coordinación.

MBM trío, o formado por Baldo Martínez, Antonio Bravo e Lucía Martínez naceu no ano 2009, aínda que os tres colaboraran anteriormente en distintas formacións, do ámbito jazz sobre todo, e gravaran xuntos, por exemplo o CD Projecto Miño dirixido por Baldo Martínez, que foi premiado pola revista Cuadernos de Jazz como Mejor Disco del Año 2008 e por Jazz Magazine, en Francia, como CD du Mois. Todos son músicos de prestixio, directores de bandas propias cunha extensa discografía. Levaron a súa música por festivais de todo o mundo: París, Berlín, Múnic, Tánxer, Roma, Varsovia, Estocolmo, Brasil, México, etc.

Nesta ocasión, presentan o CD MBM, que tivo unha grande acollida por parte de público e prensa. Robert Latxague en Jazz Magazine, Pablo Sanz no diario El Mundo e Carlos Lara en TomaJazz coinciden en subliña-la achega que o trío supón para o jazz contemporáneo feito en España e maila frescura e riqueza da súa música. O repertorio de MBM está formado por composicións dos tres músicos e pertencentes, en cuestión de xénero, ao jazz contemporáneo europeo. O obxectivo é explorar diversas facetas dentro da improvisación que van desde marcos con certa densidade harmónica e rítmica ata campos máis próximos ao free jazz e incluso á libre improvisación. A forma de traballar do grupo afástase da do clásico trío de jazz con solista e sección rítmica acompañante e aposta neste caso por un contrapunto dos tres instrumentos cun claro propósito común. O resultado é un repertorio coherente e ao mesmo tempo heteroxéneo onde o factor sorpresa está sempre presente. Unha mirada ao jazz contemporáneo europeo pero sen intención de da-las costas ás formas máis clásicas, que non perden o seu espazo.

Baldo Martínez: contrabaixo
Antonio Bravo: guitarra
Lucía Martínez: batería.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Casa Do Saber, Lugo.