Mato Grosso + Thee Blind Crows

Marzo 03, 2012

Buff, festón no Liceo para comezar o mes de marzo!

Temos a sorte de que nos visitan os composteláns Mato Grosso e os locais Thee Blind Crows.

Mato Grosso (ex-L’uomo Di Gomma) son un grupo de free-punk nacido na Casa Xurásica IV (Santiago DC) logo dunha asociación entre membros de Samesugas, The Lorchas e The Homens. Integrado por Josete, Ramón, Pombo & leRoi a mediados de 2010, e con militancias previas en grupos coma Fame Neghra, Stay Pretty ou Fulsomes, Matto Grosso buscan trascender a través do bo gusto.

Mato Grosso profesan o DIY máis ortodoxo, isto significa que non teñen discográfica ou oficina de management, non forman parte SGAE e non distribúen a súa música en formato físico salvo requerimento. O material gravado pódese escoitar e descargar gratuítamente no seu bandcamp (http://matogrosso.bandcamp.com/).

Se fosen de Washington, Ian Mckaye xa os tería intentado fichar para a Dischord

Abrindo a velada estarán os Thee Blind Crows desplegando o seu blues-punk garaxeiro que tanto mira aos Cramps como a Robert Johnson.
http://www.myspace.com/theeblindcrows

Todo isto por catro leuros de nada. Coma sempre, prezos populares na comida e bebida.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Liceo Mutante, Pontevedra.
4 €