Maryland estrean videoclip e vinilo

Abril 10, 2012

MARYLAND están de estrea por partida dobre. Por unha parte o videoclip de “What to Do”, unha das cancións contidas en Get Cold Feet (Ernie Records, 2011); un videoclip gravado e editado por Martín Rendo (Suvestudio Collective) que amosa o grupo tal e como é, no seu local de ensaio, con toda a enerxía que logo transmiten nos escenarios.

Ademais, xa está dispoñible a edición en vinilo de Something to Share (Ernie Records, 2012), un 7″ con dúas cancións non incluidas no seu álbum, tamén producidas por Iago Lorenzo e Jaime García Soriano e grabadas en Planta Sónica II por Pancho Suárez de Lis.

Tanto os temas recén publicados como boa parte dos dos seus dos elepés soarán nos próximos directos da banda:

Sábado, 14 de abril: Vigo (La Fábrica de Chocolate)
Venres, 20 de abril: Sevilla (Sala Fun Club)
Sábado, 21 de abril: Algeciras (Sala Farándula)
Domingo, 22 de abril: Málaga (Festival de Cine)
Sábado, 12 de maio: Zamora (Auditorio Ruta de la Plata)
Venres, 22 de xuño: Vigo (La Casa de Arriba)
Sábado, 28 de xullo: Martos (Vértigo Estival)

AXENDA