Maryland

Outubro 30, 2014

Na canción que titula e abre o terceiro disco da banda viguesa xa celebramos dous cambios notábeis: un meritorio paso ao castelán nas letras e o potente son da produción nos estudios Costa Brava Ultramarinos con Santi García. Iso si, o miolo da súa proposta non desaparece, pois a fidelidade ao pop máis contundente e roqueiro dos 90 (Posies, Weezer…) segue a dominar as súas composicións.

Ese son que xa coñeciamos, de guitarras afiadas e bases contundentes, segue a ser protagonista até chegar ao peche baixando a electricidade na estupenda “Camino”. A gran novidade das súas composicións chega cuns textos nos que ispen sentimentos de nostalxia e melancolía. O álbum semella un exercicio de exorcismo, de recoñecemento da tristura, frustración ou unha purga post-ruptura sentimental. Porén, escóanse uns brillos positivos tirados da aprendizaxe, como expresan tamén estas liñas no digipack: “… a los años muertos, sin ellos no aprendemos a perdonar”.

A inmediatez de “Los años muertos”, “Hoja de ruta” ou “Declaración de principios” convive cuns medios tempos que nunha primeira escoita poden pecar de estruturas algo lineais, predicíbeis ou repetitivas. Algo así ocorre tamén por unhas voces que aínda necesitan soltarse máis, pero as escoitas axudan a apreciarmos as cancións unha por unha e darlles a oportunidade que merecen. Entre estas, “Cambio de filo”, “Pozo de almas”, “Al cielo en ascensor”, “La caleta del sol”, “Tiempos de azar” ou “Días de reinado”.

“Los años muertos” ha de ser un punto de inflexión na súa traxectoria, cun feixe de cancións que marcan un firme paso adiante dentro da escea indie española. Aquí hai mimbres abondos para non ser unha banda máis.

Edita o selo radicado en Pontecaldelas, Ernie Producciones.

Pepe Cunha, 12-novembro-2013

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
Hoxe é o Día Internacional das persoas con discapacidade e por iso recuperamos esta canción, na que Seso Durán adaptou un conto sobre o seu fillo Manuel escrito por María José Ferrada. "O traballo pon o acento na diversidade funcional, en que sempre hai máis do que se ve a simple vista e un pequeno misterio en cada cousa."Inquedanzas Sonoras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Sala Moon, Santiago de Compostela.
6 €