Martirio e Raúl Rodríguez traen “De un mundo raro. Cantes por Chavela” a Galiza en marzo.

Xaneiro 08, 2015

nota:

UNHA REINTERPRETACIÓN VANGARDISTA DO REPERTORIO DE CHAVELA VARGAS:

A admiración de Martirio e o seu fillo Raúl Rodríguez pola figura de Chavela Vargas vén de lonxe e é de sobra coñecida. Esa admiración, ese respecto, permitiulles compartir ao longo dos anos moitos encontros e vivencias con “La Chamana” a unha beira e outra do océano.
O pasado ano, a propia Chavela pedíalles que a acompañaran nas presentacións do seu disco “La Luna Grande” en México e Madrid. Dúas datas que se convertiron en historia e supuxeron a derradeira ocasión nas que Chavela subiu a un escenario.

Agora, algo máis dun ano despois da súa marcha (de trascender, como ela corrixía), Martirio e Raúl Rodríguez entrégannos a súa sentida e sinceira
homenaxe a un repertorio universal, o de Chavela Vargas, adaptándoo ao compás flamenco e imprimíndolle unha lectura tan persoal como a que sempre aportan aos seus respectivos traballos.
O escenario para eles dous sós, acompañados do recordo da mestra e arrolados polo amor cara ela.

Raúl Rodríguez, seleccionado oficial de 14)WOMEX
O fillo de Martirio, o magnífico guitarrista que a acompaña na súa xira, foi escollido este pasado outubro para formar parte da selección oficial de Womex 2014 có seu traballo Razón de Son.

Sábado 21 de marzo ás 20h30
Teatro Principal, Santiago de Compostela.
16€ anticipada / 18€ na billeteira (á venda en entradas.abanca.com e Teatro Principal)

Domingo 22 de marzo
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña.

AXENDA

Facebook