Martín Blanes (Guitarra – Galiza)

Xullo 19, 2012

Xoves 12 e 19 de xullo 20h
Martín Blanes é un guitarrista acústico contemporáneo cun incrible estilo virtuoso. É capaz de crear cunha soa guitarra liñas de baixo, percusións e melodías brillantes ao mesmo tempo, combinando estilos que van desde o jazz ata o tango, pasando polo pop e o rock, mesturado cunha fonda influencia da música galega. A súa énfase mantense na composición e o seu material orixinal baséase en fontes diversas, desde a música galega
ata Radiohead.

O seu primero disco en solitario será presentado oficialmente en Estados Unidos en setembro seguido dunha extensa xira internacional por Europa (Irlanda, Inglaterra, Francia, Suiza, Bélxica, Alemania, Rumanía…), Estados Unidos e Asia (Singapur e Xapón).

AXENDA

20:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.