Martelo + Trioceros

Maio 13, 2018

nota:

Martelo + Trioceros (clubE Estrella Galicia)
[domingo 13 de maio, 20:30]

Circuíto clubE Estrella Galicia

MARTELO é o Power Rock Trio de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e Max Gómez na batería, ven a aportar unha dose enerxética de actualidade á escena nacional do Rock.

Cancións orixinais, combativas, e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os que xa escoitaron a MARTELO, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band, como principais referencias. Para sair de dúbidas, nada como velos en directo…

Rock orgánico, creativo e ecléctico. TR1OC3RO5 é o resultado dun traballo incesante en busca dunha experiencia sonora propia, alimentada pola liberdade creativa dos 3 músicos que forman o proxecto.

Temas propios, polirritmias e mestura de composicións elaboradas e espontáneas ao servizo de ambientes e sonoridades persoais. TR1OC3RO5 comeza o seu camiño en 2014, como un proxecto onde conflúen tres visións independentes de tres músicos con dilatada experiencia nun camiño común e xenuíno.

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h
Pub Aturuxo, Bueu.
6 €