maronda “el fin del mundo en mapas “

Xuño 09, 2011

Desde o Levante chega o debut de Moronda, proxecto en dúo onde Pablo Moronda presenta as súas composicións acompañado de Marc Greenwood, baixista de La Habitación Roja). Con calma, entre febrero de 2009 e xullo de 2010, foron gravando e mesterando estas 14 cancións que agora editan con Absolute Beginners. Eles dous cociñan todo, agás as baterías que son case todas de Dani Cardona (Una sonrisa terrible), a viola de Manuel Moreno en “Estrellas” e “Agujeros negros” e a guitarra de Paco Tamarit en “Impresionable”. Un total de 14 cortes para 42 minutos de pop directo, con conceptos claros e primacía das harmonías, riffs inmediatos, cantos a varias voces e arranxos xustos. Como tantos outros, caerán na saca do pop indie, aínda que o seu abano de gustos e influencias sexan tan asimilables como o pop español dos 60, o son costa oeste, o pop-rock independente dos 90 ou o folk americano. En canto á temática, a meirande parte das cancións falan dunha experiencia sentimental que rematou ou agoniza, de agridoces relacións personais que adoitan durar pouco. Comezan moi Brincos con “Cambiada”, “Impresionable” ou “Sin ministerio”, pero xa con “Control” saltamos ao son rasgado da época de Pixies ou Jesus & Mary Chain. Así van completando un debut que resulta unha colección de pezas atemporais tan aqueladas como “La campiña”, “La Roma imperial”, “Aléjate!” ou “Hay algo eléctrico entre tú y yo”. No último corte, toda unha homenaxe ao son de Family, Marc si asina a música e Pablo escrebe un texto más político, pero tamén de ton pesimista: “Buenaventura”. Se xa botas en falla bandas como La Costa Brava, non esperes máis e achégate a Maronda. Sen dúbida, estará entre os debuts do ano e terá moito percorrido.
Pepe Cunha 9-xuño-2011

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook