Mark Lanegan Band + Creature with the Atom Brain

Marzo 28, 2012

ciclo Compostela Rock
Entradas: 18 € + gastos
www.ticketmaster.es
Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tiendas Tipo y Discos Gong

Lanegan promete unha noite memorable do Compostela Rock na que presenta en Galicia ‘Blues Funeral’, o seu novo disco, acompañado dos belgas Creature with the Atom Brain.

En 2010 toda unha lenda do rock como Mark Lanegan pisaba por primeira vez Galicia para participar no ciclo Xacobeo Importa. Tras aquel espectacular show en acústico, en 2012 o señor Lanegan publica novo disco, ‘Blues Funeral’, o seu primeiro traballo en 8 anos tras ‘Bublegum’ (2004), e prepara unha xira europea que pasará polas principais capitais e que o traerá de novo a Galicia, nesta ocasión dentro do ciclo Compostela Rock. Á cita, que promete ofrecer unha noite memorable, vén acompañado de toda a súa banda.

Emparentado nese club das grandes voces que forman Johnny Cash, Tom Waits ou Nick Cave, nos últimos anos Lanegan demostrou as súas inquietudes ao traballar en diferentes proxectos con artistas como Greg Dulli (The Twilight Singers), Isobel Campbell (Belle & Sebastian), Soulsavers ou Queens of the Stone Age. Do mesmo xeito que os bos viños, a súa voz mellora co paso do tempo

Mark Lanegan volve, como diciamos, co seu novo disco ‘Blues Funeral’, o seu primeiro disco en 8 anos tras a publicación de ‘Bubblegum’ en 2004. Gravado por Alain Johannes nos estudos 11ad de Hollywood, ten prevista a súa saída para o 6 Febreiro 2012 e como é habitual no sr. Lanegan, contará con invitados de luxo como Greg Dulli, Josh Homme, etc…

Como banda teloneira actuarán os belgas CREATURE WITH THE ATOM BRAIN, vellos coñecidos de Lanegan que viraron con ilustres como THE JESUS AND MARY CHAIN, THE DEAD WEATHER e que contan entre as súas filas con Aldo Struif (ex Millionaire).

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
18 / 22 €